Arquivo | Premios Nobel 2012 RSS feed for this section

Todo sobre os Premios Nobel

25 Out

Noemí Iglesias Fuentes e Alicia Rodríguez Brito (1ºF)

O Premio Nobel de Física e o Premio Nobel de Química foron concedidos en 110 ocasións, sendo un total de 193 os premiados de Física e 163 de Química, inclusive os Premios Nobel 2012. Revisando a base de datos de gañadores dos Premios Nobel de Física, comprobamos que o único gañador de esta categoría de galardóns en máis dunha ocasión, foi John Bardeen quen foi premiado nos anos 1956 e 1972, e en Química, o único en conseguilo foi Frederick Sanger, nos anos 1958 e 1980. Entre os gañadores máis famosos do Premio Nobel de Física encóntranse sen dúbida, Röntgen (inventor dos raios X), os Esposos Curie,  (considerado inventor do teléfono) ou Albert Einstein.

                 Esposos Curie           

¿Cal é o procedemento de nomeación e selección dos gañadores?

A Real Academia Sueca das Ciencias é a encargada de designar os correspondentes Premios Nobel de Física e Premios Nobel de Química entre os candidatos recomendados polo Comité Nobel de Física e o Comité Nobel de Química . Estes Comités, encargado de facer a criba final de candidatos se compoñen de 5 membros cada un, segundo os Estatutos da Fundación Nobel, pero na práctica inclúe outros membros adxuntos que teñen o mesmo dereito de voto que o resto de membros.

¿A quen poden designar o Comité Nobel de Física e o Comité Nobel de Química como candidatos?

En setembro de cada ano o Comité Nobel de Física e o de Química envían invitacións confidenciais a persoas cualificadas no ámbito das Ciencias Físicas e Ciencias Químicas, para que propoñan nomes de candidatos para o Premio Nobel de Física e o Premio Nobel de Química. Estas persoas cualificadas non poden votarse a si mesmos. Entre estas persoas cualificadas encóntranse anteriores galardoados co Premio Nobel de Física ou de Química, membros da Real Academia Sueca das Ciencias, ou profesores universitarios na rama de Físicas ou Químicas dos países escandinavos. As propostas das persoas cualificadas deben ser enviadas ao Comité Nobel de Física ou ao Comité Nobel de Química antes do 31 de xaneiro do ano seguinte. Os Comités durante o mes de febreiro examinarán os nomes propostos: cada ano se soen recibir do orde de 250 a 350 nomes de candidatos propostos aos Premios Nobel de Física e a mesma cifra para o Nobel de Química. Entre os meses de marzo e maio os Comités consultan con diferentes expertos os nomes de estes candidatos preliminares. Os Comités realizarán un informe recabando todos os antecedentes e o remitirán á Real Academia Sueca das Ciencias no mes de setembro. A principios de outubro a Academia designará, por maioría simple dos seus membros, aos gañadores do Premio Nobel de Física e o Premio Nobel de Química. Esta decisión é inapelable e se comunica de forma inmediata en todos os medios dispoñibles.

Calquera información relativa aos nomeados ao Premio Nobel de Física e ao Premio Nobel de Química deberá permanecer secreta durante 50 anos. Esta restricción afecta a todas as persoas que interviñeron no proceso de nomeación e selección.

Nestas ligazóns atópanse os premiados ao longo da historia:

–          Premiados Nobel de Física 

–          Premiados Nobel de Química

Premio Nobel 2012

24 Out

Ángel Vázquez e Daniel Pardellas 1ºF

Dende o ano 1901, Suecia entrega no mes de outubro os premios Nobel, que premian ás mellores investigacións e traballos nas disciplinas de medicina, física, química, literatura e economía.

-Alvin E. Roth, profesor en Harvard e Lloyd S. Shapley, de UCLA, gañaron o premio nobel de economía polo seu traballo sobre asignaciones estables e as suas teorías de rediseño de mercados económicos, xa que ambos abordaron un problema fundamental: como coordinar da mellor forma posible os diferentes actores presentes na sociedade, por exemplo para que alumnos sexan asignados a escolas ou órganos donados cheguen a pacientes que precisen de un transplante.

-O premio Nobel de química foi para os científicos estadounidenses Brian Kobilka e Robert Lefkowitz polas suas investigacións sobre un tipo de receptores da membrana das células que regulan múltiples funciones biolóxicas. Aproximadamente a metade dos fármacos existentes actualmente basan a súa eficacia na acción destes receptores.

-O científico británico John B. Gurdon e o xaponés Shinya Yamanaka gañaron o premio Nobel de mediciña 2012 polas súas investigación pioneiras na clonación de células madre. A Asamble Nobel destacou que os seus descubrimentos revolucionaron a comprensión de cómo se desenrolan as células e os organismos e que crearon novas oportunidades para invetigar enfermidades e desenrolar métodos para diagnósticos e terapias durante a concesión do premio.

-O científico francés Serge Haroche e o estadounidense David Wineland recibiron o premio Nobel de física polas suas investigacións pioneiras no campo da óptica cuántica. A Real Academia das Ciencias de Suecia destaca que os premiados abriron a vía a unga nova era de experimentación da física cuántica ao demostrar a observación directa de partículas cuánticas individuales den destruilas. Os seus descubrimentos sentaron as bases da actual investigación fotónica, que aproveita as propiedades das partículas da luz (os fotones) para crear novas tecnoloxías e profundizar na comprensión das actuais leyes físicas.

Fuente: http://www.lavanguardia.com/vida/20121008/54352768595/ganadores-premios-nobel-2012.html

Nobel de Química para Lefkowitz e Kobilka polos seus estudos sobre receptores celulares

24 Out

Paula Sánchez e Mariana Peres 1ºE

Os científicos estadounidenses Robert J. Lefkowitz e Brian K. Kobilka foron galardoados co Premio Nobel de Química 2012(http://www.nobelprize.org/nobel_prizes/chemistry/laureates/2012/).

A Real Academia de Ciencias de Suecia recoñece así os seus traballos sobre un tipo de receptores da membrana celular: os “acoplados a proteínas G”, que perciben moléculas como a adrenalina ou outras que activan o olor, o sabor e a visión, e cos que case a metade dos medicamentos conseguen  os seus efectos.

Robert J. Lefkowitz (1943) formouse na Universidade de Columbia e actualmente é profesor de bioquímica no Duke University Medical CenterEn 1968, comezou a utilizar a radioactividade para localizar os receptores celulares. Puxo un isótopo de iodo a varias hormonas, e grazas á radiación revelou a presenza de varios receptores, como o β-adrenérxico. O seu  equipo logrou sacalo do seu ‘agocho’ na parede celular e comezou a analizalo.

Xa nos años 80, Kobilka (1955), formado na Universidade de Yale  e profesor en Stanford University School of Medicine logrou illar o xene que codifica o receptor β-adrenérxico a partir do xigantesco xenoma humano, descubrindo que dito receptor é similar a un do ollo que capta a luz. Así se decataron de que hai toda unha familia de receptores que se parecen e actúan de forma parecida.

Premio Nobel de Medicina 2012

24 Out

MIGUEL CAVADAS. 1º E.

O 10 de Decembro entregaranse en Estocolmo os Premios Nobel 2012, coincidindo co aniversario da morte do seu precursor, o químico sueco Alfred Nobel. Desta volta, os premiados na categoría de Fisioloxía ou Medicina son o inglés John Gurdon e o xaponés Shinya Yamanaka, que se converten así no vixésimo noveno inglés e o segundo xaponés en recibir este galardón, dotado cunha medalla de ouro, un diploma, e unha suma de diñeiro que este ano verase recortada ata 930.000 € para os dous.

Anteriores gañadores do Premio Nobel de Medicina:
http://es.wikipedia.org/wiki/Anexo:Ganadores_del_Premio_Nobel_de_Fisiolog%C3%ADa_o_Medicina

Os organismos pluricelulares coma nós, partimos dunha soa célula que se vai dividindo, ata chegar a estar formados por millóns delas, especializadas, é dicir, pertencentes a un tecido cunha función determinada.
En principio críase que as células xa especializadas non podían volver atrás para especializarse noutro tecido, pero Gurdon descubriu en 1962 que a especialización das células era reversible, cando introduciu nunha célula dun óvulo de ra o núcleo doutra célula desa mesma rá, pero pertencente ó seu intestino. Dita célula reprogramouse, xa que o cágado nado a partir dese óvulo era completamente normal. Hai poucos anos, Yamanaka achou que tan só catro xenes podían reprogramar una célula adulta, é dicir, convertela de novo nunha célula nai pluripotente (célula Ips).
Estes descubrimentos abren novos campos de investigación, xa que son moi útiles para a rexeneración de tecidos e a terapia contra certas enfermidades.
Artigo curioso sobre a reacción do goberno de Xapón ó coñecer ó premiado:
http://www.abc.es/20121021/internacional/abci-regalo-japon-premio-nobel-201210212038.html/

Premios Nobel 2012

22 Out

Laura Rodríguez e Lucía García, 1ºF

O Premio Nobel outórgase cada ano a persoas que efectúen investigacións, executen descubrimentos sobresaíntes durante o ano precedente, leven a cabo o maior beneficio á humanidade ou contribución notable á sociedade no ano inmediatamente anterior.

Image Cada laureado recibe unha medalla de ouro, un diploma e unha suma de diñeiro. O premio non pode ser outorgado posteriormente, a menos que o gañador fose nomeado antes da súa defunción. Tampouco pode ser compartido un mesmo premio por máis de tres persoas.

Os premios instituíronse como última vontade de Alfred Nobel, inventor da dinamita e industrial sueco. Nobel asinou o seu testamento no Club Sueco-Noruegués de París o 27 de novembro de 1895. Sentíase culpable pola súa responsabilidade como empresario enriquecido a través dunha industria produtora de dinamita cuxo principal mercado era a minaría, pero tamén a guerra. Esta puido ser a motivación principal do seu afamado testamento, quizais unida ao costume da época de realizar accións para facer transcender o seu nome ao morrer.

Nos premios Nobel de Ciencias e Medicina, este ano a academia sueca recoñeceu avances clave en temas relacionados con bioloxía celular, física cuántica e bioquímica. Estes son os galardoados e os seus descubrimentos.

Física

ImageGañadores: Serge Harocje (Francia) e David J.Wineland (Estados Unidos).

Achado: Estes científicos que traballan en óptica cuántica recibiron o premio por crear e desenvolver métodos para medir e manipular partículas cuánticas sen destruílas, algo que antes se consideraba imposible. Grazas ás súas investigacións acerca da interacción entre a luz e a materia, abriron as portas a unha nova era de experimentación na física cuántica que permitirá crear no futuro computadores ultrarrápidos e reloxos cunha precisión 100 veces superior á dos actuais.

Medicina e Fisioloxía

Image
Gañadores: Shinya Yamanaka(Xapón) e Sir John Gurdon (Reino Unido).

Achado: As súas investigacións no campo da bioloxía celular demostraron que as células adultas poden reprogramarse para converterse en células nai capaces de xerar calquera tipo de tecido no organismo. Gurdon foi o primeiro en cuestionar hai 40 anos o paradigma de que unha célula está destinada a cumprir unha soa función, e grazas aos seus experimentos se puido clonar á famosa ovella Dolly. Yamanaka, pola súa banda, introduciu células maduras e logrou reprogramalas como células nai para dar orixe a outras, o cal marcou un fito na biomedicina.

Química

Image
Gañadores: Robert J. Lefkowitz (Estados Unidos) e Brian K. Kobilka(Estados Unidos).

Achado: Descubriron o mecanismo que permite ás células do corpo percibir o seu ámbito e adaptarse aos cambios. Trátase dun asunto crucial, pois aproximadamente a metade dos medicamentos producidos pola industria farmacéutica funcionan porque interactuar coas células. Cando Sven Lidin de la Academia Sueca anunciou o premio o pasado mércores, berrou aos xornalistas reunidos na sala e díxolles: “A descarga de adrenalina que se produce cando alguén se asusta é só unha manifestación desta vasta rede de receptores que emite un sinal químico a través de miles de millóns de células”. A Academia agregou que este achado podería servir no futuro para crear medicamentos máis efectivos e con menos efectos secundarios.

Links: 

http://es.wikipedia.org/wiki/Premios_Nobel

http://www.lavanguardia.com/ciencia/20121010/54352445083/premio-nobel-quimica-2012-robert-lefkowitz-brian-kobilka.html

http://www.hablandodeciencia.com/articulos/2012/10/17/premio-nobel-2012/