Nobel de Química para Lefkowitz e Kobilka polos seus estudos sobre receptores celulares

24 Out

Paula Sánchez e Mariana Peres 1ºE

Os científicos estadounidenses Robert J. Lefkowitz e Brian K. Kobilka foron galardoados co Premio Nobel de Química 2012(http://www.nobelprize.org/nobel_prizes/chemistry/laureates/2012/).

A Real Academia de Ciencias de Suecia recoñece así os seus traballos sobre un tipo de receptores da membrana celular: os “acoplados a proteínas G”, que perciben moléculas como a adrenalina ou outras que activan o olor, o sabor e a visión, e cos que case a metade dos medicamentos conseguen  os seus efectos.

Robert J. Lefkowitz (1943) formouse na Universidade de Columbia e actualmente é profesor de bioquímica no Duke University Medical CenterEn 1968, comezou a utilizar a radioactividade para localizar os receptores celulares. Puxo un isótopo de iodo a varias hormonas, e grazas á radiación revelou a presenza de varios receptores, como o β-adrenérxico. O seu  equipo logrou sacalo do seu ‘agocho’ na parede celular e comezou a analizalo.

Xa nos años 80, Kobilka (1955), formado na Universidade de Yale  e profesor en Stanford University School of Medicine logrou illar o xene que codifica o receptor β-adrenérxico a partir do xigantesco xenoma humano, descubrindo que dito receptor é similar a un do ollo que capta a luz. Así se decataron de que hai toda unha familia de receptores que se parecen e actúan de forma parecida.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: