Premio Nobel de Medicina 2012

24 Out

MIGUEL CAVADAS. 1º E.

O 10 de Decembro entregaranse en Estocolmo os Premios Nobel 2012, coincidindo co aniversario da morte do seu precursor, o químico sueco Alfred Nobel. Desta volta, os premiados na categoría de Fisioloxía ou Medicina son o inglés John Gurdon e o xaponés Shinya Yamanaka, que se converten así no vixésimo noveno inglés e o segundo xaponés en recibir este galardón, dotado cunha medalla de ouro, un diploma, e unha suma de diñeiro que este ano verase recortada ata 930.000 € para os dous.

Anteriores gañadores do Premio Nobel de Medicina:
http://es.wikipedia.org/wiki/Anexo:Ganadores_del_Premio_Nobel_de_Fisiolog%C3%ADa_o_Medicina

Os organismos pluricelulares coma nós, partimos dunha soa célula que se vai dividindo, ata chegar a estar formados por millóns delas, especializadas, é dicir, pertencentes a un tecido cunha función determinada.
En principio críase que as células xa especializadas non podían volver atrás para especializarse noutro tecido, pero Gurdon descubriu en 1962 que a especialización das células era reversible, cando introduciu nunha célula dun óvulo de ra o núcleo doutra célula desa mesma rá, pero pertencente ó seu intestino. Dita célula reprogramouse, xa que o cágado nado a partir dese óvulo era completamente normal. Hai poucos anos, Yamanaka achou que tan só catro xenes podían reprogramar una célula adulta, é dicir, convertela de novo nunha célula nai pluripotente (célula Ips).
Estes descubrimentos abren novos campos de investigación, xa que son moi útiles para a rexeneración de tecidos e a terapia contra certas enfermidades.
Artigo curioso sobre a reacción do goberno de Xapón ó coñecer ó premiado:
http://www.abc.es/20121021/internacional/abci-regalo-japon-premio-nobel-201210212038.html/

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: