Todo sobre os Premios Nobel

25 Out

Noemí Iglesias Fuentes e Alicia Rodríguez Brito (1ºF)

O Premio Nobel de Física e o Premio Nobel de Química foron concedidos en 110 ocasións, sendo un total de 193 os premiados de Física e 163 de Química, inclusive os Premios Nobel 2012. Revisando a base de datos de gañadores dos Premios Nobel de Física, comprobamos que o único gañador de esta categoría de galardóns en máis dunha ocasión, foi John Bardeen quen foi premiado nos anos 1956 e 1972, e en Química, o único en conseguilo foi Frederick Sanger, nos anos 1958 e 1980. Entre os gañadores máis famosos do Premio Nobel de Física encóntranse sen dúbida, Röntgen (inventor dos raios X), os Esposos Curie,  (considerado inventor do teléfono) ou Albert Einstein.

                 Esposos Curie           

¿Cal é o procedemento de nomeación e selección dos gañadores?

A Real Academia Sueca das Ciencias é a encargada de designar os correspondentes Premios Nobel de Física e Premios Nobel de Química entre os candidatos recomendados polo Comité Nobel de Física e o Comité Nobel de Química . Estes Comités, encargado de facer a criba final de candidatos se compoñen de 5 membros cada un, segundo os Estatutos da Fundación Nobel, pero na práctica inclúe outros membros adxuntos que teñen o mesmo dereito de voto que o resto de membros.

¿A quen poden designar o Comité Nobel de Física e o Comité Nobel de Química como candidatos?

En setembro de cada ano o Comité Nobel de Física e o de Química envían invitacións confidenciais a persoas cualificadas no ámbito das Ciencias Físicas e Ciencias Químicas, para que propoñan nomes de candidatos para o Premio Nobel de Física e o Premio Nobel de Química. Estas persoas cualificadas non poden votarse a si mesmos. Entre estas persoas cualificadas encóntranse anteriores galardoados co Premio Nobel de Física ou de Química, membros da Real Academia Sueca das Ciencias, ou profesores universitarios na rama de Físicas ou Químicas dos países escandinavos. As propostas das persoas cualificadas deben ser enviadas ao Comité Nobel de Física ou ao Comité Nobel de Química antes do 31 de xaneiro do ano seguinte. Os Comités durante o mes de febreiro examinarán os nomes propostos: cada ano se soen recibir do orde de 250 a 350 nomes de candidatos propostos aos Premios Nobel de Física e a mesma cifra para o Nobel de Química. Entre os meses de marzo e maio os Comités consultan con diferentes expertos os nomes de estes candidatos preliminares. Os Comités realizarán un informe recabando todos os antecedentes e o remitirán á Real Academia Sueca das Ciencias no mes de setembro. A principios de outubro a Academia designará, por maioría simple dos seus membros, aos gañadores do Premio Nobel de Física e o Premio Nobel de Química. Esta decisión é inapelable e se comunica de forma inmediata en todos os medios dispoñibles.

Calquera información relativa aos nomeados ao Premio Nobel de Física e ao Premio Nobel de Química deberá permanecer secreta durante 50 anos. Esta restricción afecta a todas as persoas que interviñeron no proceso de nomeación e selección.

Nestas ligazóns atópanse os premiados ao longo da historia:

–          Premiados Nobel de Física 

–          Premiados Nobel de Química

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: