En física, a enerxía , que significa “traballo”) é todo aquilo que pode transformarse en calor, traballo mecánico (movemento) ou radiación electromagnética como a luz mediante procesos físicos. Isto pode ocorrer de xeito natural e espontáneo ou grazas a unha máquina ou tamén a un organismo vivo (por exemplo os músculos) etc. En rigor é un concepto fundamental, aceptado pola física sen definición.
Formas de enerxía
As civilizacións humanas dependen cada vez máis dun elevado consumo enerxético para a súa subsistencia. Para iso foron sendo desenvolvidos ao longo da historia diversos procesos de produción, transporte e almacenamentos de enerxía. As principais formas de produción de enerxía son:
Enerxía potencial
- .
É a enerxía que un obxecto posúe debido á súa posición. Un martelo levantado, unha moa enroscada e un arco esticado dun atirador, todos posúen enerxía potencial. Esta enerxía está pronta a modificarse noutras formas de enerxía e, consecuentemente, a producir traballo: cando o martelo caer, pregará un prego; a moa, cando solta, fará andar os ponteiros dun reloxo; o arco disparará unha seta. Así que ocorrer algún movemento, a enerxía potencial da fonte diminúe, en canto se modifica en enerxía do movemento (enerxía cinética). Levantar o martelo, enrolar a mola e esticar o arco fai, pola súa vez, uso da enerxía cinética e produce un gaño de enerxía potencial. Xeneralizando, canto máis alto e máis pesado un obxecto está, máis enerxía potencial terá.
Enerxía cinética
É posuída por calquera cousa en movemento; canto máis axiña un obxecto se move, maior a súa enerxía cinética. Alén diso, canto máis pesado é un obxecto, maior é a súa enerxía cinética (apenas cando está en movemento). As máquinas mecánicas báteestacas ou calquera outras máquinas motorizadas – producen enerxía cinética, e esta especie de enerxía é moitas veces chamada de enerxía mecánica – Fórmula: Ec=1/2mV² .
Enerxía química
É a enerxía que está almacenada nun átomo ou nunha molécula; reorganizando os átomos, ocorren reaccions químicas e a enerxía pode ser producida ou aproveitada. As reaccións químicas xeralmente producen tamén calor; un lume a arder é un exemplo. A enerxía química tamén pode transformarse en electricidade nunha batería e en enerxía cinética nos músculos, por exemplo.
Enerxía eléctrica
É a enerxía asociada as cargas eléctricas en movemento. É a enerxía que se da a un obxecto facendo pasar unha corrente eléctrica a través del ou dándolle unha carga eléctrica. É convertida en enerxía mecánica nun motor eléctrico, en enerxía calorífica nun aquecedor eléctrico ou en enerxía luminosa nunha lámpada.
Enerxía radiante
É a enerxía que pode atravesar o espazo. Inclúe a luz, as ondas de radio e os raios de calor. A calor radiante non é o mesmo que a variante de enerxía cinética chamada de «enerxía térmica», mais cando os raios de calor atinxe un obxecto fan que as súas moléculas se movan máis axiña, gañando entón enerxía térmica. Os raios de luz e de calor prodúcense tornando os obxectos tan quentes que brillan, como no caso do filamento dunha lámpada eléctrica.
Enerxía nuclear
É a enerxía producida pola mutación de átomos dentro dunha substancia; aparece sobre todo como calor, quer baixo control nun reactor nuclear quer nunha explosión dunha arma nuclear. O Sol produce o seu calor e a súa luz por Reaccion nuclear. Curiosamente, toda a vida na Terra depende desta enerxía e, non en tanto, perante a existencia das armas nucleares, está tamén ameazada por esta forma de enerxía.
Calquera cousa que estea a traballar -por exemplo, a mover outro obxecto, a quece-lo ou a facelo atravesarse por unha corrente eléctrica – está a gastar enerxía (na verdade ocorre unha “transferencia”, pois ningunha enerxía é perdida, e si transformada ou transferida a outro corpo). Polo tanto, calquera cousa que estea pronta a traballar posúe enerxía. En canto o traballo se realiza, ocorre unha transferencia de enerxía, parecendo que o suxeito está a perder enerxía. Na verdade, a enerxía está a ser transferida para outro obxecto, sobre o cal o traballo se realiza.
Así pois, o concepto de enerxía é un dos conceptos esenciais da física. Nacido no século XIX, pódese atopar en todas as disciplinas da Física, así como noutras disciplinas, particularmente na química.
Ignacio Vivero Carballo