Premios Nobel 2012

22 Out

Laura Rodríguez e Lucía García, 1ºF

O Premio Nobel outórgase cada ano a persoas que efectúen investigacións, executen descubrimentos sobresaíntes durante o ano precedente, leven a cabo o maior beneficio á humanidade ou contribución notable á sociedade no ano inmediatamente anterior.

Image Cada laureado recibe unha medalla de ouro, un diploma e unha suma de diñeiro. O premio non pode ser outorgado posteriormente, a menos que o gañador fose nomeado antes da súa defunción. Tampouco pode ser compartido un mesmo premio por máis de tres persoas.

Os premios instituíronse como última vontade de Alfred Nobel, inventor da dinamita e industrial sueco. Nobel asinou o seu testamento no Club Sueco-Noruegués de París o 27 de novembro de 1895. Sentíase culpable pola súa responsabilidade como empresario enriquecido a través dunha industria produtora de dinamita cuxo principal mercado era a minaría, pero tamén a guerra. Esta puido ser a motivación principal do seu afamado testamento, quizais unida ao costume da época de realizar accións para facer transcender o seu nome ao morrer.

Nos premios Nobel de Ciencias e Medicina, este ano a academia sueca recoñeceu avances clave en temas relacionados con bioloxía celular, física cuántica e bioquímica. Estes son os galardoados e os seus descubrimentos.

Física

ImageGañadores: Serge Harocje (Francia) e David J.Wineland (Estados Unidos).

Achado: Estes científicos que traballan en óptica cuántica recibiron o premio por crear e desenvolver métodos para medir e manipular partículas cuánticas sen destruílas, algo que antes se consideraba imposible. Grazas ás súas investigacións acerca da interacción entre a luz e a materia, abriron as portas a unha nova era de experimentación na física cuántica que permitirá crear no futuro computadores ultrarrápidos e reloxos cunha precisión 100 veces superior á dos actuais.

Medicina e Fisioloxía

Image
Gañadores: Shinya Yamanaka(Xapón) e Sir John Gurdon (Reino Unido).

Achado: As súas investigacións no campo da bioloxía celular demostraron que as células adultas poden reprogramarse para converterse en células nai capaces de xerar calquera tipo de tecido no organismo. Gurdon foi o primeiro en cuestionar hai 40 anos o paradigma de que unha célula está destinada a cumprir unha soa función, e grazas aos seus experimentos se puido clonar á famosa ovella Dolly. Yamanaka, pola súa banda, introduciu células maduras e logrou reprogramalas como células nai para dar orixe a outras, o cal marcou un fito na biomedicina.

Química

Image
Gañadores: Robert J. Lefkowitz (Estados Unidos) e Brian K. Kobilka(Estados Unidos).

Achado: Descubriron o mecanismo que permite ás células do corpo percibir o seu ámbito e adaptarse aos cambios. Trátase dun asunto crucial, pois aproximadamente a metade dos medicamentos producidos pola industria farmacéutica funcionan porque interactuar coas células. Cando Sven Lidin de la Academia Sueca anunciou o premio o pasado mércores, berrou aos xornalistas reunidos na sala e díxolles: “A descarga de adrenalina que se produce cando alguén se asusta é só unha manifestación desta vasta rede de receptores que emite un sinal químico a través de miles de millóns de células”. A Academia agregou que este achado podería servir no futuro para crear medicamentos máis efectivos e con menos efectos secundarios.

Links: 

http://es.wikipedia.org/wiki/Premios_Nobel

http://www.lavanguardia.com/ciencia/20121010/54352445083/premio-nobel-quimica-2012-robert-lefkowitz-brian-kobilka.html

http://www.hablandodeciencia.com/articulos/2012/10/17/premio-nobel-2012/

Advertisements

Unha resposta to “Premios Nobel 2012”

  1. Eduardo Outubro 23, 2012 ás 10:49 am #

    Debedes incluir algún link

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: