Arquivo | Novembro, 2012

O salto estratosférico de Felix Baumgartner

21 Nov

O austríaco Felix Baumgartner converteuse no primeiro humano en caer dende 39.000 metros. Despois de que se suspendese a misión polo forte vento, o piloto ascendeu en globo a estratosfera, lanzouse ao baleiro e conseguiu aterrar con éxito.

Así, converteuse , -segundo cálculos que aínda deben de ser ratificados- no primeiro en
superar a velocidade do son sen axuda mecánica, en botarse en paracaídas dende o lugar máis alto, e subir en globo ao punto máis afastado da terra.

Un home afeccionado ao risco :
Vos seus récord anteriores, como ou salto dende ou edificio máis alto do planeta, ou rañaceos
Taipei 101 (Taiwán), de 509 metros de altura, e doutros lugares emblemáticos como a estatua de Cristo Redentor en Río de Janeiro,resultan en comparación case inocentes aventuras sen risco.

A súa filosofía de vida pódese resumir nunha frase que dixo
tras completar o salto en Río de Janeiro: “Non merece a pena morrer nun salto.
Pero polo menos matarse saltando desde a estatua de Jesús ten algo de gloria”.

Sara Acuña Lorenzo y Bruna Nicole Guterres Vieira  – 1º Bacharelato F –

Nobel de Química 2012: Robert J. Lefkowitz e Brian K. Kobilka

19 Nov

A Real Academia de Ciencias de Suecia concedeulle o galardón da ciencia ós científicos estadounidenses Robert Lefkowitz e Brian Kobilka polas súas investigacións sobre un tipo de receptores da membrana das célucas que regulan múltiples funcións biológicas. Os receptores cás proteínas G, depende da actividade de hormonas como a adenalina, así como a de neurotransmisores como a dopamina. Que regulan dende o apetito ata o estado de ánimo.

Lefkowitz fixo ou seu primeiro descubrimento coa adenalina. Candoiniciou ás súas investicacións, xa sabíase que elevaba a tensión arterial e que aceleraba ou pulso.
Lefkowitz fixo o seu primeiro gran descubrimento coa adrenalina. Cando iniciou as súas investigacións, xa se sabía que eleva a tensión arterial e acelera o pulso. Sabíase tamén que non entra no interior das células senón que actúa dende o exterior. Pero como conseguía provocar efectos drásticos nas células dende fóra era un enigma.
O investigador marcou moléculas de adrenalina con isótopos radioactivos para poder ver onde ía a hormona nas células. A técnica é similar á de poñer colares de raio aos osos para telos localizados na montaña, pero a escala microscópica. Lefkowitzconseguiu identificar así nos anos 70 os receptores da adrenalina, chamados receptores beta-adrenérgicos. Unha vez identificados, puido estudar como funcionan.
O segundo gran descubrimento chegou cando Kobilka se uniu ao equipo de Lefkowitz nos anos 80. Kobilka aceptou o difícil reto que lle propuxo Lefkowitz de buscar o xene do receptor beta-adrenérgico. Cando o encontrou, viu que era moi similar a un receptor que capta luz no ollo. A partir de aí, descubriuse que hai unha familia enorme de receptores similares: os receptores adaptados a proteínas G que mereceron o Nobel.
Son tan importantes para o corpo humano que hai ao redor de mil xenes para producir estes receptores. Isto significa que aproximadamente un de cada 25 xenes humanos está especializado na produción de receptores adaptados a proteínas G.
“Son a porta de entrada ás células para moitas hormonas e neurotransmisores distintos; regulan case todos os procesos fisiolóxicos coñecidos”, explicou Lefkowitz nunha rolda de prensa telefónica tras anunciarse o premio.
Isto explica que unha gran variedade de fármacos actúe a través dos receptores adaptados a proteínas G. Entre eles, a academia sueca destaca os betabloquentes para a hipertensión,anithistamínicos para as alerxias e os fármacos que actúan sobre adopamina e a serotonina para o parkinson e as depresións.

Livia Leal Caneiro e Saray Riveiro Pereira