Galaxia

20 Xuñ

Unha galaxia é un grande aglomerado de millóns de estrelas e outros obxectos astronómicos (nebulosas de varios tipos, aglomerados estelares, etc.), unidos por forzas gravitacionais e xirando en torno dun centro de masa común.

A palabra “galaxia” deriva do termo grego para a nosa galaxia, ’, pola súa apariencia no ceo. Na mitoloxía grega, Zeus coloca o fillo que xerara cunha muller mortal, o pequeno Hércules, no seno de Hera mentres ela durme, de modo que o bebé, ao tomar o leite divino, tamén se torna inmortal. Hera esperta durante a lactancia e decátase de que está alimentando a un bebé descoñecido; empurra ao bebé e un chorro do seu leite sae despedido no ceo nocturno, producindo a tenue faixa de luz coñecida como Vía Láctea.

Cando Willian Herschel creou o seu catálogo de obxectos celestes en 1786, usou o termo “nebulosa espiral” para algúns obxectos, como M31 (Galaxia Andromeda). Máis tarde estes serían recoñecidos como inmensos aglomerados de estrelas, cando a verdadeira distancia deses obxectos comezou a ser avaliada, e pasaron a ser chamados universos insulares. Porén, a palabra “Universo” era entendida como a totalidade da existencia, o que fixo esta expresión caíse e desuso, preferíndose usar o termo “galaxia”.

Galaxias espirais

As Galaxias espirais son galaxias que presentan grandes brazos de estrelas e nubes de poeira. Estes parecen enrolados en forma de láminas de hélice en espiral (helicoides) partindo dun centro denso chamado “núcleo central”. Cando a súa conformación helicoidal é normal, son distinguidas polos astrónomos coa letra S de Spiral.

  • Galaxias barradas: son as galaxias que teñen brazos helicoidais e núcleo central menos desenvolvidos que os das galaxias espirais normais. O seu núcleo posúe a forma dunha barra, ou presentan unha zona central cilíndrica con brazos espiralados saíndo das extremidades dese cilindro. Seguen o mesmo principio de identificación das Galaxias espirais, se ben algúns astrónomos consideráronnas unha subcategoría das primeiras. As Galaxias barradas son designadas coas letras SB, de Spiral Bar, seguidas das letras ab ou c, que indican a abertura dos helicoides ou seu paso de hélice.

Considerase que a Via Láctea asemellase bastante á galaxia de Andrómeda, de forma espiral de tipo SB (Espiral barrada), e que ambas teñen na súa estrutura dúas partes principais, ou sexa, o seus discos ou núcleos, teñen a forma dunha lente, con densidade estelar bastante alta, e o halo, ou rexión máis externa, dunha densidade difusa.

Galaxias elipticas

Galaxia Elíptica N-32

Na tipoloxía das Galaxias elípticas, aínda están inseridas as Galaxias circulares. Ambas son designadas polos astrónomos coa letra E, e un número comprendido entre 0 e 7. A función deste número é expresar a excentricidade da elipse ou a diferenza relativa entre o seu raio maior e o raio menor (no caso das galaxias circulares usase normalmente a identificación )

 

                                                                                              ANDREA KATHERINE CASTILLO MARTINEZ
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: