Andrómeda

20 Xuñ

Andrómeda é unha constelación boreal situada ó Sur de Cassiopeia e preto de Pegasus. Toma o seu nome da princesa Andrómeda. As súas estrelas non son de gran brillo. Comparte unha estrela coa constelación de Pegaso, é a estrela branco-azulada da esquina noroeste do cadrado de Pegaso, denominada Alpheratz ou Sirrah e é a Alfa Andromedae. O obxecto astronómico máis importante da constelación é a Galaxia de Andrómeda que se atopa a máis de 2 millóns de anos luz e é visible a simple vista.

Estrelas principais

Estrelas principais

  • Andromedae (Alpheratz ou Sirah), de magnitude 2.07, estrela binaria branco-azulada. É a representante máis brillante das estrelas de mercurio-manganeso.
  • Andromedae (Mirach), tamén de magnitude 2.07, xigante vermella a 200 anos luz e variable semiregular .
  • Andromedae (Alamak ou Almach), de magnitude 2,10 cun pequeno telescopio pode verse coma nun sistema dobre (γ¹ e γ²): a súa vez γ² é unsistema estelar triplo.
  • Andromedae, cunha magnitude 4,34 é unha xigante amarela cunha órbita moi excéntrica ó redor do centro da galaxia.
  • Andromedae, unha das máis brillantes variables RS Canum Venaticorum, cunha variación no seu brillo de 0,28 magnitudes cun período de 54,2 días.
  • Andromedae, estrela binaria de magnitude 4,53 onde as súas compoñentes están moi preto entre si.
  • Andromedae, sistema estelar cuádruplo de magnitude 3,62.
  • Andromedae, estrela binaria cunha compoñente azul e a outra branca separadas entre si uns 36 segundos de arco.
  • Andromedae, anana amarela máis quente có Sol con tres planetas extrasolares.
  • Andromedae, sistema binario formado por dúas estrelas branco-azuladas.
  • S Andredae, supernova que tivo lugar en 1885 nagalaxia de Andrómeda, a primeira supernova observada fora da Via Lactea.
  • Z Andromedae,estrla variable cataclísmica que cada 10 ou 20 anos aumenta o seu brillo unhas 3 magnitudes. É o prototipo das estrelas simbióticas.
  • GY Andromedae (HR 465),estrela variable cun espectro de emisión peculiar.
  • Groombige 34, estrela binaria formada por dúas ananas vermellas a 11,62 anos luz da Terra
  •                                                 Andrea Katherine Castillo Martinez
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: