Galaxia

13 Mar

Unha galaxia é un grande aglomerado de millóns de estrelas e outros obxectos astronómicos (nebulosas de varios tipos, aglomerados estelares, etc.), unidos por forzas gravitacionais e xirando en torno dun centro de masa común.

Actualmente, denomínase galaxia un sistema astral composto de numerosos e variados corpos celestes, sobre todo estrelas e planetas, con materia gasosa dispersa, animado por un movimento harmonioso.

No Universo coñecido, as galaxias son os conxuntos máis complexos do cosmos, nas que o comportamento e a interacción gravitacional abrangue grupos considerados locais (non confundir coa designación Grupo Local) e grupos distantes.

Galaxias espirais

As Galaxias espirais son galaxias que presentan grandes brazos de estrelas e nubes de poeira. Estes parecen enrolados en forma de láminas de hélice en espiral (helicoides) partindo dun centro denso chamado “núcleo central”. Cando a súa conformación helicoidal é normal, son distinguidas polos astrónomos coa letra S de Spiral

.descarga (1)

 

Galaxias elipticas

Na tipoloxía das Galaxias elípticas, aínda están inseridas as Galaxias circulares. Ambas son designadas polos astrónomos coa letra E, e un número comprendido entre 0 e 7. A función deste número é expresar a excentricidade da elipse ou a diferenza relativa entre o seu raio maior e o raio menor (no caso das galaxias circulares usase normalmente a identificación E1).

galaxia-11

 

Galaxias irregulares

As galaxias irregulares son designadas como Irr polos astrónomos. Non posúen forma definida e algunhas están formadas por deseños e coloracións estrañas, surrealistas. As causas da irregularidade no formato destes sistemas son descoñecidas, así como as causas dos outros tipos morfolóxicos. Algúns astrónomos atribúen a irregularidade de formato ás forzas gravitacionais que aínda non formaron un patrón xiroscópico, o que levaría á suposición de que estas galaxias serían relativamente novas.

irregular

 

Ignacio vivero 1E

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: