Observatorio Radio Astronómico:

31 Xan

Judit Salgueiro Villar 1º F

É un centro de investigación dedicado ao estudo do ceo e dotado duns instrumentos para a observación dos fenómenos celestres. O concepto de observatorio astronómico experimentou unha profunda evolución con pasar do tiempo.Es na Idade Media cando se afirma a concepción de observatorio como lugar de reunión de astrónomos e instrumentos. Nos séculos sucesivos o observatorio instálase, polo xeral, nunha torre elevada da cidade.


Non obstante, despois dos primeiros decenios do século XX maniféstase a esixencia de afastarse da contaminación química e luminosa das metrópoles. Así se establecen os observatorios en lugares desérticos e elevados, onde o ceo nocturno é escuro e o número de dias serenos cada ano é moi elevado. Grazas aos extraordinarios progresos da física espacial e das técnicas de exploración automática do espazo, iniciouse a construción dos observatorios astronómicos orbitais.
Agora é posible para un astrónomo aproveitar as súas horas de observación cun grande instrumento, sentado comodamente no cuarto do seu instituto universitario, controlando o telescopio a distancia a través dun terminal conectado a un ordenador central que realiza todas as funcións do grande instrumento.
Os primeiros observatorios dos que se ten constancia teñen como principal propósito o coñecemento do mecanismo do firmamento, necesario para a agricultura, e que se entrelazaba coa función litúrxica. En Alemaña, encóntranse os restos do observatorio astronómico máis antigo que se coñece, o Círculo de Goseck, de polo menos 7.000 anos de antigüidade. Este primitivo, pero exacto observatorio suxire, que as xentes do Neolítico e da Idade do Bronce foron capaces de facer medicións astronómicas moito antes do que se cría e con moita máis precisión da que os científicos modernos imaxinaban.

iftshr
oiujky

http://www.astromia.com/glosario/observastronom.htm
http://www.cienciapopular.com/n/Astronomia/Observatorios_Astronomicos/Observatorios_Astronomicos.php

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: