Atmòsfera Terrestre

31 Xan

Susy Salinas Guìa 1º F
A atmosfera terrestre é a parte gasosa da Terra, sendo por isto a capa máis externa e menos densa do planeta. Está constituída por varios gases que varían en cantidade segundo a presión a diversas alturas. Esta mestura de gases que forma a atmosfera recibe xenericamente o nome de aire. O 75% de masa atmosférica encóntrase nos primeiros 11 km de altura, dende a superficie do mar. Os principais elementos que a compoñen son o osíxeno (21%) e o nitróxeno (78%).
A atmosfera e a hidrosfera constitúen o sistema de capas fluídas superficiais do planeta, cuxos movementos dinámicos están estreitamente relacionados. As correntes de aire reducen drasticamente as diferenzas de temperatura entre o día e a noite, distribuíndo a calor por toda a superficie do planeta. Este sistema pechado evita que as noites sexan xélidas ou que os días sexan extremadamente quentes.
A atmosfera protexe a vida sobre a Terra absorbendo gran parte da radiación solar ultravioleta na capa de ozono. Ademais, actúa como escudo protector contra os meteoritos, os cales se trituran en po a causa da fricción que sofren ao facer contacto co aire.
Durante millóns de anos, a vida transformou unha e outra vez a composición da atmosfera. Por exemplo; a súa considerable cantidade de osíxeno libre é posible grazas ás formas de vida -como son as plantas- que converten o dióxido de carbono en osíxeno, o cal é respirable -á súa vez- polas demais formas de vida, tales como os seres humanos e os animais en xeral.
A atmosfera é a capa de gas que rodea a un corpo celeste. Os gases son atraídos pola gravidade do corpo, e mantéñense nela se a gravidade é suficiente e a temperatura da atmosfera é baixa. Algúns planetas están formados principalmente por gases, polo que teñen atmosferas moi profundas.

susy1

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: