Qué é un cráter de impacto?

30 Xan

Alicia Rodríguez Brito 1Bach F

Un cráter de impacto ou astroblema é a depresión que deixa o impacto dun meteorito na superficie dun corpo planetario (planeta, planeta enano, asteroide ou satélite) de superficie sólida.

Os meteoritos que caen sobre os astros poden ter dimensións moi diferentes comprendidas entre a de ínfimos grans de po e a de asteroides de decenas de quilómetros. A enerxía cinética dun meteorito é tan grande que a súa disipación brusca no chan provoca a súa fragmentación violenta, coma se estoupase.

A extraordinaria potencia destes proxectís caídos do ceo queda doadamente explicada pola súa velocidade (de 50.000 a 100.000 km/h) e pola súa masa. A combinación destes dous parámetros tradúcese nunha enerxía cinética colosal: un meteorito de 250 m de diámetro chegado a 75.000 km/h libera tanta enerxía como o maior terremoto terrestre ou erupción volcánica que a historia do noso planeta coñeza.

Demostrouse experimentalmente que a forma dos cráteres é idéntica á que resulta da explosión no chan dun proxectil ou dunha bomba, ou sexa a dunha cunca. O cráter de impacto xera unha serie de modificacións sobre a paisaxe producida polo violento suceso de colisión provocado, dando lugar a rochas modificadas chamadas brechas, e ademais bota gran cantidade de material fundido nas inmediacións da área.

Mercurio

A Terra

A Lúa

O seguinte vídeo mostra unha animación realizada pola NASA do cráter Zumba de Marte:

E neste podemos observar un cráter real na superficie terrestre, situado en Arizona, EEUU:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: