Estrela, qué é?

29 Xan

Alexander Arias Vázquez

1º Bacharelato F

É un corpo celeste que xera enerxía no seu núcleo mediante reaccións termonucleares. A enerxía xerada emítese ó espazo en forma de radiación electromagnética, vento estelar, máis unhas partículas subatómicas chamadas neutrinos.

As estrelas obsérvanse no ceo nocturno como puntos luminosos debido ás distorsións ópticas que produce as diferencias de densidade da atmosfera terrestre. O Sol, ao estar tan preto, obsérvase coma un disco luminoso cuxa presenza ou ausencia no ceo  provoca o día e a noite.

En resumo, as estrelas son obxectos de masa e diámetro variable pero masivos.

As estrelas créanse nas rexións máis densas das nubes moleculares como consecuencia das inestabilidades gravitatorias causadas por supernovas ou colisións galácticas, formando así unha protoestrela na que ocorren varias reaccións moleculares, cunha gran importancia de hidróxeno, formando así a estrela final. Cando se esgota o hidróxeno do núcleo da estrela, a súa evolución dependerá da masa, que poderá converterse nunha anana branca ou estoupar como supernova, deixando tamén un remanente estelar que pode ser unha estrela de neutróns ou un burato negro.

Nas fases finais do ciclo a estrela expulsa parte do material que a forma ao espazo interestelar. O que inclúe elementos pesados producidos na estrela que máis tarde formarán novas estrelas e planetas.

As estrelas non están distribuídas uniformemente no universo, senón agrupadas en galaxias. Unha galaxia espiral (como a Vía Láctea) contén centos de miles de millóns de estrelas agrupadas. O ceo nocturno aparece homoxéneo a simple vista porque só é posible observar unha rexión moi localizada do plano galáctico. Pódese dicir que a maior parte de estrelas concéntranse na Constelación de Saxitario.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: