A navalla de Ockham

28 Xan

Alicia Rodríguez Brito 1ºBach F

navalla de Ockham, tamén coñecido como principio de economía ou principio de parsimonia,  é un principio metodolóxico e filosófico atribuido a Guillermo de Ockham (1280- 1349), según o cal, «en igualdade de condicións, a explicación máis sinxela soe ser a correcta». Isto implica que, cando dúas teorías en igualdade de condicións teñen as mesmas consencuencias, a teoría máis sinxelas ten máis probabilidades de ser correcta que a complexa.

En ciencia, este principio emprégase como unha regla xeral para guiar aos científicos no desarrollo de modelos teóricos, máis que como un árbitro entre os modelos publicados. No método científico, a navalla de Ockham non se considera un principio irrefutable, e certamente non é un resultado científico. «A explicación máis simple e suficiente é a máis probable, mais non necesariamente a verdadeira», segundo o principio de Ockham. En certas ocasións, a opción complexa pode ser a correcta. O seu sentido é que en condicións idénticas, sexan preferidas as teorías máis simples. Outra cuestión diferente serán as evidencias que soporten a teoría. Así pois, de acordo con este principio, unha teoría máis simple pero menos correcta non debería ser preferida a unha teoría máis complexa pero máis correcta.

Qué debe terse en conta para medir a simplicidade, pola contra, é unha cuestión ambigua. Pode ser que a proposta máis coñecida sexa a que suxeriu o mesmo Ockham: cando dúas teorías teñen as mesmas consecuencias, debe preferirse a teoría que postule a menor cantidade de (tipos de) entidades. Outra maneira de medir a simplicidade, podería ser polo número de axiomas da teoría.

A navalla de Ockham aplicase a casos prácticos e específicos, englobándose dentro dos principios fundamentais da filosofía da escola nominalista que opera sobre conceptos individualizados e casos empíricos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: