Tremor Estelar

27 Xan

Lucía García Moradiellos.

A sonda Kepler da NASA, lanzada ao espazo en marzo de 2009¸ anunciou a detección de «terremotos estelares», uns tremores ou oscilacións das estrelas que, ademais de resultar impactantes, poden ofrecer novas perspectivas sobre o tamaño, a idade e a evolución das estrelas.

Image

No centro dun Tremor Estelar hai unha estrela de neutróns, esas estrelas teñen unha masa moi densa de protóns e electróns. Teñen ata 5 veces máis masa que o sol pero miden só uns 20 km de diámetro. Teñen unhas 400 rotacións por segundo, aínda que a forza dos seus campos magnéticos fai que baixen a súa velocidade co tempo. A rotación máis rápida observada nunha estrela de neutróns é de 1.122 rotacións por segundo.

A incrible forza gravitacional destas estrelas oponse á rotación. Así mentres a gravidade tira cara ao ecuador, a rotación exerce forza centrífuga e intenta expulsar o ecuador. Como resultado, a estrela cambia a súa forma e a súa ríxida codia rompe. Coa crecente tensión empezan a aparecer montículos duns cantos centímetros na superficie.

Image

Cando a tensión chega a un punto insostible a codia rebenta nun tremor estelar, deixando escapar raios gamma e raios X. Os campos magnéticos diminúen a súa enerxía temporalmente mentres a estrela readapta a súa xeometría.

En combinación coa enerxía que saíu da estrela, créase unha das emisións de raios X máis grandes que se coñecen no universo.

Image

Mediante a medición destes tremores estelares os astrónomos estudan as estrelas xigantes vermellas. Novos achados axudan aos científicos a separar os moitos tipos diferentes de xigantes vermellos que doutro modo se verían virtualmente idénticas, o que podería botar luz sobre o futuro do Sol e a historia da galaxia. En aproximadamente 5 mil millóns de anos, o Sol aumentase o seu tamaño a máis de 100 veces o actual, converténdose nun xigante vermello.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: