PÚLSAR

27 Xan

Sara Ribeiro Casal 1º F

Coñécese como púlsar unha estrela de neutróns que emite radiacións, debido a que posee un intenso campo magnético o cal induce esta radiación electromagnética a intervalos de tempo regulares, relacionados co período de rotación do obxecto.

Estas estrelas poden xirar sobre si mesmas centos de veces por segundo; de feito un punto da súa superficie pode moverse a redor do centro cunha velocidade de 70.000km/s.

Image

Os púlsares teñen unha gran densidade que ao combinarse co seu campo magnético provoca que cando se achegan partículas como moléculas de gas ou polvo interestelar desde o exterior estas aumenten as súas velocidades e formen espirais moi pechadas cara os polos magnéticos da estrela. Os polos emiten as radiacións que poden ser de radio, raios X ou raios gamma. En moitas estrelas os polos non coinciden co eixe de xiro polo que os chorros de radiación non apuntan sempre a mesma dirección senón que xiran coa estrela.

Image

Polo que é posible que mirando a un punto fixo no firmamento recibamos un “chorro” de raios X que se da se a estrela está mirando cara a Terra, pero deixa de apuntarnos a milésima de segundo, e volve a aparecer de novo cando volve apuntar a Terra; é o que se coñece como efecto faro. Por iso estas estrelas pulsantes reciben o nome de púlsares.

Links:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: