Hai vida intelixente no Universo?

27 Xan

Lucía García Moradiellos.

O termo vida extraterrestre refírese ás hipotéticas formas de vida que se puidesen orixinar, existido ou existir aínda noutros lugares do universo, fóra do planeta Terra. Unha porción crecente da comunidade científica inclínase a considerar que poida existir algunha forma de vida extraterrestre en lugares onde as condicións sexan propicias. Especúlase con formas de vida extraterrestre que van dende bacterias, que é a posición maioritaria, ata outras formas de vida máis evolucionadas, que puidesen desenvolver intelixencia dalgún tipo.

Ao igual que a Terra outros planetas están feitos de “po estelar”, é moi probable que outros planetas se formasen con semellante composición de elementos químicos que os terrestres.

ImageHai vida intelixente no Universo?

É moi posible que outras especies puidesen evolucionar ata a vida intelixente e por conseguinte puidesen cambiar o seu ámbito, manipular obxectos e teñan un sistema de comunicación entre eles que lles permitise avanzar no tempo quizais ata a alta tecnoloxía. Aquí entramos no terreo da especulación posto que só temos o exemplo do planeta Terra onde millóns de formas de vida se desenvolveron pero só unha, a humana, chegou a ser vida intelixente.

ImageComo na película Contact, hai unhas décadas que empezamos as nosas investigacións co desenvolvemento da radioastronomía. Partindo de base que o Universo ten máis de 14.000 millóns de anos nese tempo de ter habido moitas especies no Universo que chegase á vida intelixente con capacidade técnica, outras terán sobrevivido e agora terán un nivel de desenvolvemento que non podemos facernos idea pero a maioría teránse extinguido e terán nacido outras. Comunicarse con elas é complicado. En 14.000 millóns de historia do Universo, hai apenas 50 anos que empezamos a escoitar o cosmos e enviar outras naves con mensaxes a outras civilizacións técnicas. Coincidir neste período de tempo cunha civilización similar é moi complicado. Pode que hai 100 millóns de anos houbese vida intelixente nun planeta, civilización capaz de comunicarse nunha estrela próxima pero nós non estabamos aí para escoitala.

Para máis información pincha aquí.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: