Relatividade especial

23 Xan

Laura Rodríguez Portela, 1 º F

A teoría da relatividade especial foi presentada por Albert Einstein no seu traballo sobre a electrodinámica dos corpos en movemento, en 1905. O formalismo básico da teoría xa fora descuberto un ano antes por Poincaré e por Lorentz, aínda que Einstein descoñecía estes traballos (e traballos aínda anteriores nos que se utilizaban as transformacións de Lorentz, mesmo antes de que as postulase)

O éxito de Einstein consistiu en eliminar un gran número de hipóteses feitas por Lorentz ata reducir a teoría da relatividade a dous postulados moi simples que parten da experimentación. Posteriormente, en 1916, Einstein publicou a teoría da relatividade xeral, que globaliza todos os feitos físicos e da que a teoría que se explica aquí é só un caso especial (e de aí o nome).

A relatividade especial estuda o comportamento de obxectos e observadores que permanecen en repouso ou móvense con movemento uniforme (i.e., velocidade relativa constante). Neste caso, dise que o observador está nun sistema de referencia inercial. A comparación de espazos e tempos entre observadores inerciais pode ser realizada usando as transformacións de Lorentz. A teoría especial da relatividade pode predicir así mesmo o comportamento de corpos acelerados cando a devandita aceleración non implique forzas gravitacionais, caso no que é necesaria a relatividade xeral .

Links:

1.  http://www.lawebdefisica.com/apuntsfis/relatividad/

2.   http://es.wikipedia.org/wiki/Teor%C3%ADa_de_la_relatividad_especial

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: