Gases nobres

23 Xan

Laura Rodríguez Portela, 1 º F

Os gases nobres son elementos químicos situados no grupo VIII A da taboa periódica dos  elementos. 

O nome de gas nobre provén do feito de que non tenden a reaccionar como outros elementos. Debido a isto, tamén son denominados ás veces gases inertes , aínda que realmente si participan nalgunhas reaccións químicas. O xenón reacciona espontaneamente co flúor e a partir dos compostos resultantes alcanzáronse outros. Tamén se illaron algúns compostos con Kripton.

Teñen oito electróns no seu ultimo nivel de enerxía o que ás veces lles impide formar compostos facilmente; ás súas moléculas son moi estables. Todos teñen o seu último nivel de enerxía máis externo totalmente cheo (dous electróns no helio e oito nos demais).

Como curiosidade indicar que a discusión científica sobre a posibilidade de licuar estes gases deu lugar ao descubrimento da supercondutividade polo físico holandés Heike Kamerlingh Onnes.

Existen 6 gases nobres que se atopan na natureza:

1. Helio (He) :  Abunda no sol e nos planetas de maior masa. Utilízase para inflar globos meteorolóxicos e dirixibles.

helio

2. Neón (Ne) : Emite cor avermellada, úsase para avisos luminosos.

neon

3. Argón (Ar) : Como combustible para avións e foguetes

argon

4. Kriptón (Kr) :  Úsanse en lámpadas que duran anos, tamén para flash fotográfico

kripton

5. Xenón (Xe) : Luz azul-verde parecido ao kriptón

Xenon

6. Radón (Rn) :  é radiactivo (canceríxeno)

radon

Links :

1.  http://www.fullquimica.com/2011/10/gases-nobles.html

2.  http://gl.wikipedia.org/wiki/Gas_nobre

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: