COMETA

17 Xan

Lucía García Moradiellos. 1ºF

 Definición.

Os cometas son corpos celestes que orbitan arredor do Sol seguindo diferentes traxectorias elípticas, parabólicas ou hiperbólicas. Os cometas, xunto cos asteroides, planetas e satélites, forman parte do Sistema Solar. A maioría destes corpos celestes describen órbitas elípticas de grande excentricidade, o que produce o seu achegamento ao Sol cun período considerable. Os cometas están compostos de auga, xeo seco, amoníaco, metano, ferro, magnesio, sodio e silicatos. Debido ás baixas temperaturas dos lugares onde se achan, estas substancias que compoñen ao cometa encóntranse conxeladas. Chegan a ter diámetros dalgunhas decenas de quilómetros. Algunhas investigacións apuntan que os materiais que compoñen os cometas son materia orgánica que son determinantes para a vida, e que isto deu lugar para que na temperá formación dos planetas estes impactasen contra a terra e desen orixe aos seres vivos.

Cando se descobre un cometa vese aparecer como un punto luminoso, cun movemento perceptible do fondo de estrelas, chamadas fixas. O primeiro que se ve é o núcleo ou coma (atmosfera que envolve ao núcleo). Logo, cando o astro se achega máis ao Sol, comeza a desenvolver o que coñecemos como a cola do cometa, estendéndose millóns de quilómetros.

Cando a Terra atravesa a órbita dun cometa, estes fragmentos penetran na atmosfera en forma de estrelas fugaces ou tamén chamadas chuvia de meteoros

http://es.wikipedia.org/wiki/Cometa#Composici.C3.B3n

http://www.xtec.cat/~rmolins1/solar/es/cometes.htm

 Cometas famosos

 O Cometa Halley 

Image

En 1705 Edmond Halley predixo, usando as leis do movemento de Newton, que o cometa visto en 1531, 1607 e 1682 volvería en 1758. O cometa volveu tal e como predixo, e

posteriormente déuselle nome na súa honra.

O período medio da órbita do Halley é de 76 anos, pero non se poden calcular as datas das súas reaparicións con exactitude, aínda que se predí que o cometa Halley volverá ao sistema solar interior o ano 2061.

A órbita do Halley é retrógrada e inclinada 18º respecto da eclíptica. E, como a de todos os cometas, altamente excéntrica. O núcleo do cometa Halley mide aproximadamente 16x8x8 quilómetros e un dos obxectos máis escuros do sistema solar. A densidade do núcleo do Halley é moi baixa: uns 0.1 gramos/cm3.

O cometa Hale-Bopp

ImageO Hale-Bopp é un cometa periódico que regresa cada 3.000 anos e que se achegou á Terra en 1997. Alan Hale en Novo México eThomas Bopp de Arizona, descubriron o cometa que agora leva o nome de ambos os dous.

O cometa Hale-Bopp foi nese momento un dos astros mais brillantes no ceo, alcanzando unha magnitude -0.8, o cal significa que o cometa era mais brillante que calquera obxecto no ceo nocturno nesas datas, coa excepción da Lúa, Sirio e Marte.En o seu máximo achegamento á Terra estivo a 194 millóns de quilómetros de distancia.

Cre que o núcleo do cometa é relativamente grande, duns 40 quilómetros. O factor determinante en canto ao brillo do cometa é a coma, a envolvente de gas e po que rodea ao núcleo do cometa e en particular no Hale-Bopp foi posible observar dúas colas.

http://www.astromia.com/solar/cometasfamosos.html

http://www.iac.es/gabinete/difus/cometas/halley.htm

http://www.ucm.es/info/Astrof/obs_ucm/cometas/halebopp.html

 Posibles aparicións de cometas en 2013

 “… Por máis que levemos uns cantos anos sen un Gran Cometa, aos afeccionados á astronomía non se nos pasan nunca as ganas. E parece que 2013 pode ser ese ano que se recordará no futuro. Claro que ao final podería pasar como en 2011 co cometa Elenin. Os cometas son así, potencialmente impredicibles, aínda que sempre apaixonantes. Abran así a axenda de 2013 que lles acaban de regalar e apunten datas, sobre todo a finais de ano co cometaISON. O en primavera co cometa PanSTARRS”

http://www.elmundo.es/blogs/elmundo/cosmos/2012/12/30/un-2013-con-grandes-cometas.html

Deixar un comentario