Radiación Ultravioleta

16 Xan

Ángel Iglesias Castro

1ºBacharelato E

Dentro do espectro electomagnético, situamos a Radiación Ultravioleta (ou UV) entre os Raios X e o Espectro visible, polo que podemos afirmar que é o terceiro tipo de radiación máis potente. Este tipo de radiación, presenta unha lonxitude de onda comprendida aproximadmente entre os 400 nm (4×10-7) e os 15 nm (1,5×10-8 m).

Atribúeselle unha orixe natural, pois procede do Sol, formando parte do 10% que a estrela do Sistema Solar produce. Mais, tamén pode producirse de forma artificial, mediante a ionización de gas Mercurio a presións baixas, adquirindo de este modo unha color violeta (se ésta presenta orixe natural, sería completamente invisible) e sendo utilizada nas lámpadas fluorescentes.

https://i2.wp.com/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/67/Two_black_light_lamps.jpg/320px-Two_black_light_lamps.jpgNa imaxe móstrase o uso da radiación ultravioleta artificial nas lámpadas fluorescentes.

Respecto á Radiación Ultravioleta de orixe natural, ésta produce un maior dano cara o ser humano, cando é menor a lonxitude de onda, mais, canto menor é esta, é máis fácil absorbida pola capa de ozono da atmosfera.

Distinguimos tres tipos de Radiación Ultravioleta segundo a súa lonxitude de onda.

  • Ultravioleta C (UVC): É o tipo de Radiación Ultravioleta con menor lonxitude de onda, e polo tanto, letal para todo tipo de vida na Terra, pero é absobida pola capa de Ozono impedindo o seu paso á superficie terrestre.
  • Ultravioleta B (UVB): Presenta unha maior lonxitude de onda ca a anterior e é menos letal ca ela. Gran parte deste tipo de radiación é absobida polo ozono, pero non toda, alcanzando a superficie terrestre e provocando quemaduras, conxuntivite, …
  • Ultravioleta A (UVA): Presenta unha lonxitude de onda maior ca as anteriores. É relativamente inofensiva, pero, a exposición prolongada a ela faina perxudicial para a saúde.

Na imaxe móstrase cómo os diferentes tipos de radiación UV son repelidas polo ozono atmosférico.

A Radiación UV clasifícase dentro das radiacións ionizantes, debido ao seu grande nivel mutaxénico. Ésta, ademais de poder chegar a provocar quemaduras, cáncer de pel, etc. pode chegar a producir efectos devastadores no ADN, pois deforma a cadea ao acortar a distancia normal de enlace entre os seus compoñentes.

Se se precisa algún tipo de información a maiores no post, acudir á ligazón posterior.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: