Espectro electromagnético

15 Xan

Ángel Iglesias Castro

1º Bacharelato E

Denominamos espectro electromagnético, ao conxunto das ondas electromagnéticas, estando estando estas distribuídas segundo a súa frecuencia e lonxitude de onda. Éste exténdese dende as radiacións con menor lonxitude de onda, os raios gamma, ata as ondas electromagnéticas de maior lonxitude de onda, as ondas de radio.

Na páxina que se mostra a continuación, tratarase a fondo o tema das ondas electromagnéticas e as súas propiedades. http://rabfis15.uco.es/lvct/tutorial/21/Propiedades%20de%20las%20ondas.html

Malia que nun principio o espectro electromagnético sexa tratado coma infinito e continuo, pénsase que os límites da lonxitude de onda larga, é o propio universo, e o límite de lonxitude de onda corta, enóntrase nas cercanías da Lonxitude de Plank.

Imaxe do espectro electromagnético.

Agora imos tratar unha por unha os tipos de ondas electromagnéticas que compoñen o espectro electromagnético:

Raios gamma

É un tipo de radiación electromagnética ionizante, é dicir, pode penetrar no núcleo dos átomos. Ésta, é producida por fenómenos astrofísicos de grande violencia, ou por elementos radioactivos.

Debido a súa enorme potencia, este tipo de radiación é utilizado na esterilización de alimentos. Tamén presentan unha grande cantidade de usos médicos no diagnóstico de enfermidades (gammagrafía) e no tratamento de certos tipos de cancro. Polo contrario, o feito de que sexa un tipo de radiación ionizante, implica un risco de cancro moi elevado para o ser humano.

Raios X

Trátase doutro tipo de radiación ionizante. Ésta, prodúcese a nivel extracelular, é dicir, fóra do núcleo atómico, debido ás continuas oscilacións dos electróns na corteza do átomo. A súa enerxía sitúa ós raios X dentro do espectro electromagnético,entre os raios gamma e a radiación ultravioleta.

Ten unha gran cantidade de usos no campo da mediciña (de modo controlado), captando imáxenes de estructuras óseas (radiografía), no diagnóstico de enfermidades nos texidos blandos, etc.

Tamén ten unha grande cantidade de usos na Astronomía e na física.

Na imaxe móstrase un exemplo douso dos Raios X na Radiografía.

Radiación ultravioleta

Este tipo de radiación ultravioleta ten orixe natural, pois provén maioritarimente do Sol, máis tamén pode producirse artificialmente.

Normalmente é invisible, salvo cando é producida artificialmente.

É unha radiación ionizante, que pode distinguirse en tres tipos segundo o perigo que supoña para o ser humano.

Ten diversas aplicacións: Control de plagas, esterilización de alimentos, etc.

Na imaxe móstranse cómo gran parte da radiación UVA rebota na atmosfera.

Espectro visible

Denomínase expectro visible ou luz visible, á rexión do espectro electromagnético que o ser humano é capaz de percibir utilizando o sentido da vista.

Non presenta uns límites totalmente estrictos e exactos dentro do expectro electromagnético.

Ésta rexión do espectro electromagnético, pódese dividir en colores, os cais, diferencianse entre sí segundo a lonxitude de onda de cada un.

Móstrase a división do espectro visible nas distintas cores.

Radiación infravermella

Éste tipo de raciación é producido por calquera corpo cuxa temperatura sexa maior a 0K, pois ésta débese ás vibracións entre os átomos dos distintos corpos. É unha radiación no-ionizante

Clasifícase en:

  • Infravermello alonxado : 300 GHz (1 mm) hasta 30 THz (10 μm)
  • Infravemello medio: 30 a 120 THz (10 a 2.5 μm
  • Infravermello cercano: desde 120 a 400 THz (2500 a 750 nm)

Ten usos en varias ramas da mediciña, en oftalmoloxía, dermatoloxía, …

Móstrase cómo varía a intensidade dos raio infravermellos nun corpo.

Microondas

Este tipo de radiación infravermella prodúcese polas vibracións das moléculas. Non se trata dunha radiación ionizante, pois non ten suficiente intensidade para causar daño directo no ADN.

Producen determinados efectos biolóxicos, o máis destacado é a capacidade que ten para aumentar a temperatura dos corpos ao incidir sobre éstes. Isto permite que  sexan utilizadas no campo da fisioterapia , ademais do horno microondas.

As microondas de menor intensidade utilízanse no Wi Fi.

Ondas de radio

É o tipo de radiación menor enerxética do espectro electromagnético, xa que a súa lonxitude de onda é maior ca o resto das onda que o compoñen.

O seu uso máis común é nas radiocomunicacións, ademais da súa presencia nos radares. Tamén encóntranse presentes no ámbito da mediciña, pois son utilizadas dun xeito controlado en determinadas probas de diagnóstico, coma a Resonancia Magnética Nuclear.

Poden chegar a producir efectos biolóxicos coma o quentamento excesivo de células e texidos, no caso de que éstas non sexan utilizadas adecuadamente.

 

A seguinte ligazón aportará datos a maiores no tema a tratar anteriormento en forma de diapositiva

 

 

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: