SUPERNOVA

12 Xan

Paula Sánchez Sánchez 1ºE

Explosión estelar extremadamente enerxética, que fai desaparecer a estrela proxenitora. Existen dous tipos principais de supernovas: as gravitatorias e as termonucleares.Image

As supernovas gravitatorias son explosións que se producen ao final da vida das estrelas moi masivas (con máis de oito masas solares) cando culminan os ciclos de reaccións nucleares. A fusión de átomos consome enerxía, de modo que a estrela entra en crise, a presión interna deixa de soster a súa estrutura e prodúcese un colapso violento, que culmina cun rebote das capas externas nunha explosión colosal.

As supernovas termonucleares teñen lugar en sistemas estelares binarios nos que unha das compoñentes é unha anana branca, que ao roubar materia das capas externas da súa compañeira, pode xerar a ignición termonuclear de toda a estrela. As supernovas deixan tras de si obxectos compactos en forma de estrelas de neutróns ou mesmo buratos negros, e son as responsables do enriquecemento do medio interestelar en átomos pesados, entre eles moitos dos necesarios para o sostemento da vida.

http://scienceinschool.org/print/418

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: