A LEI DA RELATIVIDADE

8 Xan

Nome: Miguel Cavadas Docampo

Grupo: E

A lei da relatividade (ou mellor dito, teoría, xa que non está comprobada de todo) foi proposta en 1905 (a especial) e en 1915 (a xeral) por Albert Einstein. Supuxo unha auténtica revolución no campo da física, e un golpe ó narcisismo humano. Son teorías moi complexas de entender que ó principio parecen moi estrañas.

Parte de que a velocidade dun obxecto varía con respecto ó observador: supoñamos que un tren vai a 30 km/h visto dende o andén. Se un neno lanza unha pelota dende o tren no mesmo sentido que o movemento do tren a 20 km/h, para nós a velocidade da pelota será de 50 km/h (a suma), mais para o neno só de 20. Pois ben, isto non pasa coa velocidade la luz (c), é dicir, é invariable (segundo postulado da teoría). Entón, Einstein intentou cadrar este feito coas leis físicas, que son as mesmas en todos os sistemas de referencia inerciais (primeiro postulado da teoría), e atopouse con feitos tan inesperados como que un obxecto que se movese case á velocidade da luz tería reducida a súa lonxitude, aumentada case infinitamente a súa masa e o paso do tempo faríase máis lento. A partir desto deduciu que a masa era equivalente a unha certa enerxía, e viceversa, desenvolvendo a famosa ecuación:

e-mc2

Explicación da teoría de forma sinxela:

http://www.portalplanetasedna.com.ar/relatividad_ii.htm

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: